domingo, 7 de setembro de 2014

¡ Palestina Vencerá!

untitl
Xesús Redondo Abuín

Colaboradores de Ventorachado



 
 
¡PALESTINA VENCERÁ!
Invocar onte a Vietnam era invocar toda a friaxe do mundo asolando o sueste asiático, que todo o sueste asiático era daquela barbarie, morte, aldraxe, escarnio, vileza, sevicia, espanto… tan espantoso era o que pasaba en Vietnam que ata o apracible Mekong chegou a preguntarse e preguntarnos que porqué tanta atrocidade. Menos mal que
Vietnam era moito Vietnam e o Pentágono moi pouco Pentágono para dobregalo. Invocar Vietnam onte era igual, digamos, que invocar hoxe a Palestina ou invocar a Franxa de Gaza, Sabra e Chatila, escombro, ósos, barbarie, morte, aldraxe, escarnio, ou igual que dicir pobo borrado do mapa. Cousa que non logrará a casta emboscada no anonimato. Non. Non serán capaces de borrar a Palestina do mapa. Palestina vencerá. Seguro que vencerá. Como venceu Vietnam. Queira ou non queira a casta, Palestina vencerá, claro que vencerá. Pero urxe non obstante que o mundo empuñe a palabra e poña o grito no ceo e repita unha e mil veces ¡basta!


 Ó mundo úrxelle empuñar a palabra ¡basta! Porque cando o mundo diga ó unísono ¡basta!, bastará. Seguro que bastará. Será chegado o momento de que os dirixentes tomen a palabra e de que calen as armas. Mentres tanto, digámolo, digámolo alto: ¡nin un morto máis en Gaza!



Ningún comentario:

Publicar un comentario